¡Benvido!
¡Gracias por usar harddrake!



Introducción:

¿Cando foi a última vez que tivo que instalar unha nova tarxeta de son no seu sistema Linux e non puido facela funcionar? Seguro que vostede sabe o modelo que é, e mesmo pode adiviñar que controlador a soporta, e mesmo ten algunha idea do porto E/S, o DMA e a IRQ que usa.

Aquí chega harddrake.

harddrake é unha utilidade completamente gráfica que xunta moitas das utilidades xa incluidas nunha distribución para automatizar e simplifica-lo proceso de instalar novo hardware.

Algúns elementos serán detectados, outros poden seleccionarse dunha lista. Os diversos parámetros propios do x86 (E/S, IRQ...) poden axustarse dende esta interfaz.
 

Como usar harddrake

A fiestra está separada en dúas partes, unha coa lista dos dispositivos detectados, outra con información do dispositivo seleccionado. Tódolos dispositivos están ordenados por categorías.

Pode seleccionar unha categoría e amosar todo o hardware detectado nela usando  ou . Esta acción expandirá unha árbore cos dispositivos detectados nesta categoría.

Se selecciona un dispositivo, verá informacións útiles acerca del. E nalgúns casos mirará un botón de configuración, que lle permitirá configura-lo dispositivo seleccionado.

As utilidades de configuración chamadas dende harddrake mediante son:

Para saír de harddrake, vaia ó menú Ficheiro e escolla 'Saír'.
 

Configuración de son de harddrake:

A configuración de son de harddrake úsase para configura-la tarxeta de son. Na maioría dos casos a súa tarxeta será detectada. Se non, probe a escoller unha da lista.

Algunhas tarxetas precisan algúns parámetros como a E/S, a IRQ, o DMA, o DMA16/2, e a E/S do MPU401. Pode escollelos facilmente premendo na frecha de cada caixa de selección. Estes valores poden atoparse no manual da súa tarxeta de son. Se o valor está establecido a -1, non precisa indicar ningún valor.

Trala selección da tarxeta e dos seus parámetros (se fan falla), pode comproba-lo seu funcionamento premendo o botón 'Probar'. Se a súa tarxeta está configurada correctamente, escoitará unha mostra de son. O modo de proba non escribe ningún ficheiro de configuración.

Se a proba é correcta, pode escribi-la configuración premendo 'Aceptar'. Unha mostra de son será reproducida de novo para confirmar. Se non está seguro dos parámetros, use 'Probar' en vez de 'Aceptar'. É máis seguro.
 
 

Configuración de Ethernet de harddrake

A configuración de ethernet de harddrake ten a mesma interfaz que a configuración de son, pero con menos parámetros e sen un modo de proba. Na maioría dos casos a súa tarxeta será detectada. Se non, probe a escoller unha da lista.

Algunhas tarxetas precisan algúns parámetros como a E/S, a IRQ, e o DMA. Pode escollelos facilmente premendo na frecha de cada caixa de selección.   Estes valores poden atoparse no manual da súa tarxeta ethernet. Se o valor está establecido a -1, non precisa indicar ningún valor.

Pode escribi-la configuración premendo 'Aceptar'.
 

Problemas/Resolución

Nalgúns casos harddrake pode colga-lo seu sistema. Por tanto, úseo con coidado. Doutro caso, o hardware pode estar mal configurado ou mesmo non detectado.
Para máis información, novas, ligazóns, etc, bote unha ollada á páxina web de harddrake: http://www.linux-mandrake.com/harddrake/index.html

Copyright

harddrake distribúese baixo a GPL (mire o ficheiro LICENSE incluido na distribución)

harddrake Copyright (C) 1999 by MandrakeSoft.
Tódolos dereitos reservados.

Este software pode ser copiado, modificado e redistribuido libremente sen ningunha tarifa para propósitos non comerciais, sempre que esta nota de Copyright se manteña intacta en tódalas copias e tódalas copias modificadas.

Non hai ningunha garantía de idoneidade deste software. É fornecido "como é". O(s) autor(es) elude(n) calquera responsabilidade e implicación legal respecto ó uso deste software ou os seus efectos en hardware ou sistemas de ordenadores.



Alexandre Dussart
<adussart@mandrakesoft.com>
MandrakeSoft