8. Relacións cos vendedores
- Cando esteas a mirar de comprar hardware, pregúntalle ó vendedor sobre o soporte en Linux e as experiencias doutros usuarios co producto nun entorno Linux.
- Considera apoiar a vendedores que vendan productos e servicios baseados en Linux. Anímaos a ter os seus productos listados no Linux Commercial HOWTO.
- Apoia ós vendedores que doan unha porción dos seus ingresos a organizacións coma a Free Software Foundation, o Linux Development Grant Fund, o
XFree86 Project
ou a Software in the Public Interest. Se é posible, fai unha doación persoal a esas ou outras organizacións que apoian o software open-source.
- Se precisas unha aplicación non soportada en Linux, contacta co vendedor e pídelle unha versión nativa en Linux.