6. Cánones de conducta
- Como representante da comunidade Linux, participa en listas de correo e discusións en grupos de novas dun xeito profesional. Non chames polo nome nen utilices unha linguaxe vulgar. Considérate un membro dunha corporación virtual co Sr.Torvalds coma Presidente Executivo. As túas verbas poden tanto mellorar coma degradar a imaxe que o lector ten da comunidade Linux.
- Evita as reclamacións inconsistentes a toda costa. Non é profesional e resultará e discusións maniñas.
- Unha resposta ben razoada e meditada a un correo non só será máis comprensible prós teus lectores, senón que tamén incrementará o seu respeto polos teus coñecementos e habilidades.
- Non respostes ás faltas. Moitas discusións dexenerar ó argumento "O meu sistema operativo é mellor có teu". Limitémonos a describir as capacidades de Linux e deixémolo aí.
- Lembra sempre que se insultas ou desprecias a alguén, a súa experiencia negativa pode ser compartida con moitos outros. Se ofendes a alguén, intenta facer as paces.
- Céntrate no que Linux ten pra ofrecer. Non é preciso aplastar á competencia. Linux é un producto bo, sólido que se mantén por si mesmo.
- Respecto ó uso doutros sistemas operativos. Xa que Linux é unha plataforma marabillosa, non precisa que ninguén lle axude.
- Refírete a outro producto polo seu propio nome. Non se gaña nada intentando ridiculizar a unha compañía ou ós productos usando "alcumes". Se agardamos respeto pra Linux, debemos respetar ós outros productos.
- Dá crédito onde é debido. Linux é só o kernel. Sen os esforzos da xente involucrada no proxecto GNU, MIT, Berkeley e outros numerosos de máis pra mentalos, o kernel de Linux non sería útil pra moita xente.
- Non insistas en que Linux é a única resposta pra unha aplicación en particular. Así coma a comunidade Linux aprecia a liberdade que Linux lles proporciona, as solucións únicas de Linux privarían ós outros da súa liberdade.
- Haberá casos nos que Linux non sexa a resposta. Sé o primeiro en recoñecer isto e ofrece outra solución.