[ Anterior ]
[ Indice ]
[ Seguinte ]


4. Información relacionada

Lars Wirzenius, moderador de comp.os.linux.announce e activista de Linux dende fai ben tempo, ten tamén algunhas ideas sobre a promoción de Linux.

Eric S. Raymond proporciona unha análise de por que o modelo de desenrolo usado pola comunidade Linux foi tan exitoso.

A comunidade do software libre recoñeceu que os termos "software libre" e "software dispoñible libremente" non son axeitados pra tódolos contextos. Pra máis información sobre usar o termo "software open-source" vendendo "software free", visita o sitio Open Source.

Se precisas mellorar na túa técnica vendendo Linux, bótalle unha ollada ó ensaio Linuxmanship escrito por Donald B. Marti, Jr.

O proxecto GzLiNuX intenta achegar Linux á comunidade informática galega.

O sitio Linux PR trata a importancia dos artigos de prensa prá comunidade Linux. Outro xeito pra gañar experiencia nesta área é organizar un NetDay nunha escola local usando as guías apresentadas na NetDay How-To Guide.

O obxectivo de Linux International é promover o desenrolo e uso de Linux.

O Linux Documentation Project é un importante recurso prá promoción de Linux.

O Linux Center Project proporciona un índice temático de recursos sobre Linux e software libre.

O sitio Linux Business Applications proporciona un foro pra compartir as súas experiencias ás organizacións que dependen de Linux prás operacións de negocios diarias.

Linux Enterprise Computing e Freely Redistributable Software in Business cubren recusos e temas de interese pra aqueles que utilizan Linux nun entorno financieiro/comercial.

A meta do Linux Advocacy Project é animar ós desenroladores de aplicacións comerciais a proporcionar versións en Linux do seu software.

O programa Linux CD and Support Giveaway está axudando a facer Linux máis amplamente dispoñible animando á reutilización dos CD-ROMs de Linux.

Specialized Systems Consultants, Inc. (SSC) acolle o sitio de Linux Resources e publica o Linux Journal.

A lista de correo linux-biz é un foro creado pra discutir sobre o uso de Linux nun entorno comercial.

O Linux Mission Critical Systems documenta a existencia exitosa de sistemas que levan moito tempo acesos vintaecatro horas ó día.

Un bo número de publicacións on-line están agora a cubrir Linux. Estas inclúen:

Pódense atopar enlaces adicionais a publicacións en liña no Linux Documentation Project, no Linux Center Project e en GzLiNuX.


[ Anterior ]
[ Indice ]
[ Seguinte ]