[ Anterior ] [ Indice ] [ Seguinte ]


1. Introducción

1.1 ¿Que é isto?

Isto é un mini-HOWTO de Linux. Un mini-HOWTO é un texto pequeno que explica algúns asunto relacionados coa instalación de GNU/Linux ao estilo dun tutorial de mantemento. É mini, porque o texto ou o tema que trata son demasiado pequenos para un HOWTO real ou incluso un libro. Un HOWTO non é unha referencia: iso é para o que son as páxinas do manual.

1.2 ¿Que hai nisto? e documentos HOWTO relacionados

Este mini-HOWTO en particular ensínache a planificar e dispoñer o espacio no disco para o teu sistema GNU/Linux. Fala sobre hardware de disco, particións, consideracións sobre o tamaño e posición do espacio de intercambio (swap), sistemas de ficheiros, tipos de sistemas de ficheiros e temas relacionados. Téntanse ensinar bases de coñecemento, así que estamos a falar sobre todo de principios e non de ferramentas neste texto.

O ideal sería que este documento se lese antes da primeira instalación, pero isto é difícil para a maioría da xente por unha ou outra razón. Os da primeira vez tamén teñen outros problemas distintos da optimización da disposición do disco. Así que ti probablemente es un que acaba de finalizar a instalación de Linux e agora estás pensando en formas de optimizar esta instalación ou como evitar outros fedorentos erros de cálculo na próxima. Ben, conta con ter algún desexo de rachar con todo e reconstruír a túa instalación cando remates con este texto :)

Este mini-HOWTO limítase a planificar e dispoñer o espacio no disco a maior parte do tempo. Non trata o uso de fdisk, LILO, mke2fs ou programas de copia de seguridade. Hai outros HOWTOs que se refiren a eses problemas. Por favor mira o "Linux HOWTO Index" para información actual sobre os HOWTOs de Linux. Tamén hai instruccións para obter os documentos HOWTO nese índice.

Para saber cómo estimar os varios tamaños e requerimentos de velocidade para as diferentes partes do sistema de ficheiros mira o "Linux Multiple Disks Layout mini-HOWTO", por Gjoen Stein gjoen@nyx.net.

Para instruccións e consideracións con respecto a discos con máis de 1024 cilindros, mira o "Linux Large Disk mini-HOWTO", Andries Brouwer aeb@cwi.nl.

Para instruccións sobre limitar o uso de espacio do disco por usuario (cuotas -quotas-), mira o "Linux Quota mini-HOWTO", por Albert M.C. Tam bertie@scn.org

Na actualidade non hai un documento xeral sobre copias de seguridade do disco, pero hai varios documentos apuntando ás solucións específicas de copias de seguridade. Mira o "Linux ADSM Backup mini-HOWTO", por Thomas Koenig Thomas.Koenig@ciw.uni-karlsruhe.de para instruccións sobre integrar Linux nun medio de copia de seguridade ADSM de IBM. Mira o "Linux Backup with MSDOS mini-HOWTO", por Christopher Neufeld neufeld@physics.utoronto.ca para información sobre copias de seguridade de Linux controladas por MS-DOS.

Para instruccións sobre a escritura e envío dun documento HOWTO mira o "Linux HOWTO Index", por Tim Bynum linux-howto@sunsite.unc.edu (NdT: agora linux-howto@metalab.unc.edu).

Explorar por /usr/src/linux/Documentation tamén pode ser moi instructivo. Mira ide.txt e scsi.txt para información de base nas propiedades dos teus controladores de disco e bota unha ollada no subdirectorio filesystems/.


[ Anterior ] [ Indice ] [ Seguinte ]