[ Anterior ]
[ Indice ]
[ Seguinte ]


7. O grupo GzLiNuX

O grupo GzLiNuX é un grupo de usuari@s do sistema GNU/LiNuX que se adica ao soporte deste sistema operativo en idioma galego. Para iso os membros basicamente facemos documentos propios ou traducimos documentación existente ao galego. Tamén particiamos noutros proxectos relativos ao GNU/LiNuX con documentación en galego.

Aínda que en principio ten cabida no noso grupo calquera tipo de documentación; principalmente temos guías, HOWTOs e listas de FAQs. Isto débese a que outro tipo de documentación (por exemplo as páxinas "info" ou "man") cambian moi a miúdo e hai que estar revisándoas constantemente, e co resto da documentación hai atrancos semellantes.

Pódesnos atopar en http://gzlinux.dhs.org e comunicarte connosco na nosa lista de correo gzlinux@egroups.com Pregamos que nos comuniques posibles erros neste ou noutros documentos nesta mesma lista. Tamén podes facer suxerencias ou o que queiras, por suposto. Pero a mellor maneira de axudarnos é recomendando á xente que use GNU/LiNuX que bote unha ollada ás nosas páxinas. Agardamos que este documento che sirva de axuda :)


[ Anterior ]
[ Indice ]
[ Seguinte ]